Página web Contactar con la empresa

BelaFurtiva Relatos arredor da cultura a través da creatividade. Arte, mobiliario, experiencias e proxectos a medida. Rúa Ponte do Sar 89, Santiago de Compostela

22/10/2026

Ese contraste entre tradición e contemporaneidade que nos encanta. Como a idea de que o que nos rodea se transforme con nós. O banco Noceda, na súa sinxeleza, tamén incorpora un xesto de vangarda.

21/10/2026

LECTURAS HABITADAS: DIRECTAS AO DESEXO

Lecturas habitadas é un ciclo de sesións de biblioterapia dirixido por Branca Novoneyra ( ) e promovido pola Fundación Uxío Novoneyra ( ), que se desenvolve en Santiago no Bazar de Bela Furtiva.

Nesta sesión de outono titulada “Directas ao desexo”, farase unha lectura colectiva entre todas as participantes, guiada por Branca Novoneyra, dos textos das seguintes autoras:

Miranda July
Virginie Despentes
Eva Baltasar
Sophie Calle
Jeanne Benameurar
Lupe Gómez

Ademais teremos a oportunidade de coñecer de preto a obra da artista galega Iria Cortizo () en diálogo coa temática da sesión.

Aquí tes a información práctica para inscribirte:
Será o sábado 7 de novembro en horario de 17 a 20h. No Bazar de Bela Furtiva, na rúa Ponte do Sar 89, en Santiago. Dirixido a mulleres de todas as idades. De balde.

Inscricións en [email protected]

As prazas son limitadísimas!!

20/10/2026

NOVA SESIÓN DE LECTURAS HABITADAS

Isto ponse incandescente. Regresan as Lecturas habitadas ao Bazar de Bela Furtiva, guiadas e dirixidas por Branca Novoneyra ( ) e promovidas pola Fundación Uxío Novoneyra ( ).

Esta sesión de lectura colectiva, co suxerente título de “Directas ao desexo”, engloba toda unha serie de autoras e enfoques diversos en relación a esta temática.

Ademais tamén teremos unha colaboración artística moi especial, así que eu de ti, iría reservando praza, porque son limitadísimas.

Será o sábado 7 de novembro en horario de 17 a 20h. No Bazar de Bela Furtiva, na rúa Ponte do Sar 89, en Santiago. Dirixido a mulleres de todas as idades.

Inscricións en [email protected]

19/10/2026

A luz. Un día calquera en Sar. Aquí temos o noso Bazar. Na rúa Ponte do Sar 89. Sen dúbida, hai moitos motivos para visitarnos.

18/10/2026

LOEDA

O armario Loeda é outro dos nosos mobles experimentais, no que a envolvente, en lugar de estar realizada nun material sólido, como é habitual, está realizada en material textil.

Así apórtanse lixeireza, unha estética atractiva e a posibilidade de actualizar e transformar o moble a vontade.

16/10/2026

CONEXIÓNS IMPROBABLES

Bela Furtiva lanza o obradoiro “Conexións improbables”, pensado para fomentar a curiosidade e estimular a creatividade, e dirixido a todos os públicos. Ben sexas unha persoa acostumada a expresar a túa creatividade, ou ben teñas esta faceta un pouco máis apagada, este obradoiro é para ti.

A primeira parte do obradoiro vai encamiñada a explicar os temas elixidos para esa sesión, pertencentes a diferentes áreas de coñecemento e seleccionados pola súa capacidade de evocar novas ideas.

Na primeira sesión, estes temas son:

-Saltar as ondas. Un percorrido por algunhas tradicións galegas arredor da auga.

-Pezas dun mosaico. Itinerario por obras artísticas con carácter fragmentario, construídas a partir de anacos, restos, fragmentos, ruinas… e nas que cobra valor a imperfección e o paso do tempo.

-A radicalidade da alegría. Unha reflexión sobre o concepto da alegría como acto radical, enlazada con todas esas expresións vitais que nos conectan co noso lado máis humano.

Na segunda parte do obradoiro trátase de crear unha peza, tomando como punto de partida estes temas e o material que se entrega (textos, debuxos e imaxes de todo tipo en formato de baixa edición). Esta peza pode consistir en escribir algo, facer un debuxo, un collage, unha foto co propio móbil, un movemento, etc. Non se busca a perfección dunha peza acabada nin ningún tipo de saber facer, senón que se da valor ao proceso e á propia experiencia de compartir pensamentos e reflexións con outras persoas.

Na terceira parte faise unha presentación de todas as ideas traballadas e crease un pequeno fanzine.

Información práctica

Primeira sesión sábado 24/10/2026 de 10 a 14h
Bazar Bela Furtiva en Santiago de Compostela

Imparten Xema Varela e Alicia Gómez
Materiais e almorzo incluídos

Información e inscricións [email protected]
Prazas limitadas

15/10/2026

SHROOSH

Comeza a conta atras para iniciar este fermoso proxecto…

14/10/2026

Dirección

Rúa Ponte Do Sar 89 Baixo
Santiago De Compostela
15702

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 17:00
Martes 10:00 - 17:00
Miércoles 10:00 - 17:00
Jueves 10:00 - 17:00
Viernes 10:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BelaFurtiva publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a BelaFurtiva:

Atajos

Compartir

Categoría