Cambados Zona Centro

Llamar Cómo llegar Página web

Cambados Zona Centro Asociación de Comerciantes de Cambados. Centro Comercial Aberto.

29/10/2026

Suspendense as actividades programadas para o Samaín, respectando os tres días de loito oficial decretados tras o accidente ferroviario de Toledo.

🛍️ Volven os Bonos Activa Comercio!Desde mañá, mércores 28 de outubro, ás 9:00 h, poderás descargar o teu bono e g***r d...
27/10/2026

🛍️ Volven os Bonos Activa Comercio!

Desde mañá, mércores 28 de outubro, ás 9:00 h, poderás descargar o teu bono e g***r de ata 30 € de desconto nas túas compras nos comercios adheridos. 💙

Canto podes aforrar en cada compra?

🔹 De 20 € a menos de 30 € → 5 € de desconto.
🔹 De 30 € a menos de 50 € → 10 € de desconto.
🔹 A partir de 50 € → 15 € de desconto.

📲 Descarga o bono en www.bonosactivacomercio.gal e presenta o teu código QR ao pagar.

Aproveita esta oportunidade nos establecementos de Cambados. Cada compra preto da casa axuda a manter viva a nosa vila. 🏘️

🎃👻 SAMAÍN 2026 EN CAMBADOS… SÓ PARA VALENTES! 🧟‍♂️🕸️Prepárate para vivir uns días de medo, misterio e moita diversión! 🧡...
24/10/2026

🎃👻 SAMAÍN 2026 EN CAMBADOS… SÓ PARA VALENTES! 🧟‍♂️🕸️

Prepárate para vivir uns días de medo, misterio e moita diversión! 🧡🖤

📅 Do 26 ao 31 de outubro, Cambados énchese de actividades terroríficas para g***r dun Samaín arrepiante:

🧛‍♀️ 26, 27, 28 e 29 de outubro: actuacións terroríficas no Auditorio da Xuventude, ás 17:00, 18:00 e 19:00 h.

🎶 Xoves 29 | 19:30 h: saída da Santa Compaña musical polas rúas de Cambados.

🧟 Venres 30: desfile terrorífico polas rúas con Cabazas Terroríficas, Camiñantes Brancos e Alerta Zombie. 😱

🎧 Sábado 31 | 19:00 h: festa terrorífica con DJ na praza Alfredo Brañas.

🕷️ Prepara o teu disfrace, reúne a túa cuadrilla e ven vivir o Samaín en Cambados!

💀 Atréveste a participar?

📍 Cambados
🧡 Do 26 ao 31 de outubro

Comercio galego

23/10/2026
🤝 Cambados Zona Centro e ARSEM únense para impulsar o aforro enerxético no comercio local! 💡A Asociación Cambados Zona C...
21/10/2026

🤝 Cambados Zona Centro e ARSEM únense para impulsar o aforro enerxético no comercio local! 💡

A Asociación Cambados Zona Centro e ARSEM Servicios Energéticos asinan un convenio de colaboración para axudar aos comercios, autónomos, pemes e particulares asociados a optimizar o seu consumo enerxético e reducir as facturas da luz e do gas.

🔎 Que vantaxes ofrece este acordo?
✨ Asesoramento enerxético personalizado e totalmente gratuíto.
💡 Análise de consumos e identificación de oportunidades de aforro.
📊 Revisión de contratos e estudo de alternativas do mercado enerxético.
🤝 Trato preferente nos servizos e promocións de ARSEM.

Unha iniciativa máis para apoiar o tecido empresarial de Cambados, mellorar a competitividade dos negocios e favorecer unha xestión enerxética máis eficiente. 💚

📍 Se formas parte de Cambados Zona Centro, aproveita esta oportunidade para aforrar!

Comercio galego

📸💙 Queres que os teus produtos destaquen nas redes sociais?Unha boa fotografía e un vídeo atractivo poden marcar a difer...
19/10/2026

📸💙 Queres que os teus produtos destaquen nas redes sociais?

Unha boa fotografía e un vídeo atractivo poden marcar a diferenza á hora de amosar o que vendes e captar a atención dos teus clientes. 🛍️✨

Desde Cambados Zona Centro convidámoste a participar nesta sesión práctica na que aprenderás a sacarlle o máximo partido ao teu móbil para crear contidos de calidade para o teu negocio.

💡 Consellos prácticos de luz, encadre e gravación para mellorar as túas publicacións e darlle máis visibilidade ao teu comercio.

📅 Mércores, 21 de outubro de 2026
🕙 Ás 22:00 h
📍 Casa da Calzada, Cambados

🎬 Aprende, crea e dálle unha nova imaxe ao teu negocio!

🤖✨ A intelixencia artificial tamén pode ser unha gran aliada para o teu comercio!Queres descubrir como aproveitar a IA p...
16/10/2026

🤖✨ A intelixencia artificial tamén pode ser unha gran aliada para o teu comercio!

Queres descubrir como aproveitar a IA para crear contidos, aforrar tempo e mellorar a comunicación cos teus clientes? 🛍️💡

Desde Cambados Zona Centro convidámoste a participar nesta charla práctica na que coñecerás ideas e ferramentas que podes aplicar no teu día a día para impulsar o teu negocio. 🚀

📅 Mércores, 21 de outubro de 2026
🕘 Ás 21:00 h
📍 Casa da Calzada, Cambados

Unha oportunidade para aprender, descubrir novas posibilidades e seguir facendo medrar o comercio local! 💙

👉 Anímate a participar e descubre todo o que a IA pode facer polo teu negocio.

Cambados Zona Centro

11/10/2026

⛽🚗 Moito máis que unha gasolineira! Todo o que necesitas, nunha soa parada. 🛍️✨

Na Estación de Servizo Cepsa “Moeve” Cambados tes todo preparado para facerche o día a día máis sinxelo, tanto se necesitas repostar como se buscas facer unha compra rápida ou poñer o teu coche a punto. 💙

⛽ Combustible para seguir o teu camiño: gasolina 95 e 98, diésel normal e premium.

🚗 Deixa o teu coche impecable: autolavado automático con cepillos e secado, ou lavado manual con mangueiras e cepillos.

🛒 Un supermercado con todo o que necesitas: pan fresco acabado de hornear, bollería, bebidas, embutidos, leite, snacks, produtos de limpeza e hixiene, carbón, café, produtos para os máis pequenos e moito máis.

🎁 E aínda hai máis! Bombonas de butano, prensa, viños, xogos de mesa, bolsos, complementos, bisutería, máquina de tabaco, recargas para móbiles e taquillas de envíos InPost. 📦

🕖 Aberta todos os días da semana, de 07:00 a 23:00 h.

Porque ás veces necesitas algo máis que combustible... e aquí podes atopalo todo sen dar máis voltas! 😉



📍 Av. de Vilagarcia, 89, 36630, Cambados, Pontevedra



25/09/2026

✔️𝐂𝐚𝐦𝐛𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐙𝐨𝐧𝐚 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞𝐠𝐚 𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬 𝐝𝐚 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐚𝐧̃𝐚 “𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐚𝐨 𝐂𝐨𝐥𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟔”

📌A asociación Cambados Zona Centro realizou a entrega dos premios correspondentes á campaña “Volta ao Cole 2026”, unha iniciativa de dinamización comercial posta en marcha coa colaboración do Concello de Cambados para incentivar as compras nos establecementos locais.

📌A través das compras, a clientela dos comercios asociados participou no sorteo de 600 euros en vales de compra que volverán repercutir directamente no comercio local.

📌No acto de entrega estivo presente o Concelleiro de Comercio Tino Cordal .

📌As persoas gañadoras foron:
Tania Pazos Rivas, pola súa compra en Parruliños; Ana Noya Mougán, pola súa compra en Bottina Shoes and Clothes; María Beatriz Estévez, pola súa compra en Deportes Piñeiro - Atleet; Anna Celinska, pola súa compra en Martinetta;
Milagros Cardalda Otero, pola súa compra en Bottina Shoes and Clothes e María das Neves Alonso, pola súa compra en Libraría Contos.

🎒 A volta ao cole veu cargadiña de premios! ✨Xa temos as 6 gañadoras do noso sorteo de Volta ao Cole e queremos comparti...
23/09/2026

🎒 A volta ao cole veu cargadiña de premios! ✨

Xa temos as 6 gañadoras do noso sorteo de Volta ao Cole e queremos compartir con vós esta alegría. 🥳💚

Cada unha delas gañou un vale de compra de 100€ para gastar nos comercios asociados a Cambados Zona Centro. 🛍️🎁

🏆 As gañadoras son:

🎉 Tania Pazos Rivas — pola súa compra en Parruliños
🎉 Ana Noya Mougán — pola súa compra en Bottina Shoes and Clothes
🎉 María Beatriz Estévez F — pola súa compra en Deportes Piñeiro - Atleet
🎉 Anna Celinska — pola súa compra en Martinetta
🎉 Milagros Cardalda Otero — pola súa compra en Bottina Shoes and Clothes
🎉 María das Neves Alonso P — pola súa compra en Libraría Contos

👏 Moitísimas grazas a todas as persoas que participastes e que, unha vez máis, apostastes polo comercio local de Cambados. 💙💚

E lembrade… isto non acaba aquí! 😉 Seguiremos preparando novas campañas e máis sorpresas para premiar a quen merca no comercio local. 🛍️✨

Comercio galego

Dirección

Rua NOVA 4
Cambados
36630

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 14:00
Martes 08:00 - 14:00
Miércoles 08:00 - 14:00
Jueves 08:00 - 14:00
Viernes 08:00 - 14:00

Teléfono

+34986520902

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cambados Zona Centro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Tiendas De Muebles cercanos


Otros tiendas de muebles en Cambados

Ver Todo