16/10/2026
Hai meses que pasan rápido e outros que quedan para sempre. Este será un deles. 🤍
Celebrar 25 anos ao fronte de Mobles Ares e lembrar unha historia que comezou hai máis de 60 anos fíxonos mirar atrás, lembrar todo o camiño percorrido e, sobre todo, valorar a todas as persoas que estiveron e están ao noso lado.
Durante este último mes compartimos celebracións, premios, sorpresas e un sorteo. Pero o máis especial foi sentir o voso cariño e comprobar, unha vez máis, que detrás de Mobles Ares hai moito máis ca unha tenda: hai persoas, familias e historias compartidas.
Grazas a todos os que participastes, aos que vos achegastes, aos que nos felicitastes e, especialmente, a todos os que levades anos confiando en nós. 🫶
Grazas por facer que estes 25 anos teñan tanto sentido. E por acompañarnos nesta historia que, despois de máis de 60 anos, aínda está lonxe de rematar. ✨